A Asociación

ACADAR é unha entidade que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade. Entre os seus fins principais destacamos:

  • Defender a dignidade e os dereitos das mulleres con discapacidade, para o seu exercicio en condicións de igualdade real.
  • Promover a plena integración escolar, laboral, familiar e social das mulleres con discapacidade.
  • Defender o dereito a un xeito de vida e un entorno social que garanta a vida independiente e o desenvolvemento autónomo de toda muller con discapacidade.
  • Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
  • Participar na orientación, coordinación e impulso do Movemento Asociativo no que estea integrado ACADAR con criterios de solidariedade.
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller con discapacidade, e da discapacidade en xeral.
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos especificamente á muller nas seguintes idades: infancia, xuventude e 3ª idade.
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas, culturais, educativas e de lecer dirixidas especificamente á muller con discapacidade.
  • Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e desenvolvemento no exterior dirixidos ás mulleres con discapacidade ou en risco de exclusión social.
  • Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuír ao cumprimento da misión de ACADAR ou redundar no beneficio das mulleres con discapacidade.

As actuacións de ACADAR inciden en ámbitos tan diversos como emprego, violencia de xénero, saúde, maternidade, sexualidad, vida independente, imaxe social e medios de comunicación, participación social e liderato, ...