Aviso legal

Condicións xerais de uso da páxina web

Tódolos dereitos de propiedade industrial e intelectual da páxina web www.acadar.org son propiedade da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) ou, no seu caso, de terceiras persoas.

ACADAR é unha entidade con domicilio en Rúa Dublín, 3 - Baixos, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) e con CIF G-70223417, correo electrónico info@acadar.org e teléfono 674073092 - 674139837.

A persoa usuaria poderá visualizar tales elementos e incluso imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, polo tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución, así como a súa modificación, alteración ou descompilación.

ACADAR resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas nas súas páxinas web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que sexan prestados a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nas súas páxinas web.