Biblioteca

Ventana Inclusiva

Ventana Inclusiva é unha aplicación correctora de estilo para un uso inclusivo e non discriminatorio da lingua castelá. Este corrector está financiado pola Fundación ONCE.

A linguaxe e a ferramenta principal que utilizamos para comunicarnos. Esta ten o poder de incluír ou excluír a unha persoa do conxunto. A linguaxe inclusiva e non discriminatoria e aquela que nomea a tódalas persoas, que non discrimina nin ignora ás persoas, con independencia da súa condición de sexo, xénero, relixión, orixe, idade, etc. Tódalas persoas son tratadas con respecto e por igual, evitando o uso de palabras que poidan resultar ofensivas ou se basean en estereotipos, tamén aquelas que invisibilizan ás persoas.

Ventana Inclusiva detecta o emprego de linguaxe sexista e discriminatoria reformulando e ofrecendo termos non sexistas e inclusivos.

O corrector, desenvolvido por imaxin|software, está dispoñible de maneira gratuíta para a aplicación Writer do paquete ofimático libre LibreOffice na súa versión para Windows, así como para o programa Word do paquete ofimático Microsoft Office.

Unha vez descargado e instalado, poderás atopar na carpeta de instalación a “Guía básica para o uso inclusivo e non discriminatorio da lingua castelá”.

 

Descarga Ventana Inclusiva para Writer de LibreOffice:

Descarga Ventana Inclusiva para Word de Microsoft Office: