ACADAR traballa polo dereito das mulleres con discapacidade galegas a participar en igualdade de condicións na vida social e política, e a acceder a postos de responsabilidade e representatividade.
Traballamos de xeito grupal e individual para a capacitación das mulleres con discapacidade de cara a autoxestión das súas vidas, proporcionándolles un espazo de seguridade como canle para o desenvolvemento das plenas capacidades. O traballo grupal permite construír redes de apoio sólidas como medio facilitador de participación, baseado na confianza e respecto de tódalas axentes participantes, propiciando o asentamento dunhas bases sólidas co obxectivo de acadar o pleno desenvolvemento, tanto de xeito grupal coma individual, das mulleres con discapacidade.
Capacitamos e acompañamos nos procesos de empoderamento das mulleres fortalecendo as habilidades sociais, de comunicación e as redes relacionais das mesmas, de cara a participación social, cultural, política e familiar en condicións de igualdade real.
Se desexas máis información sobre o servizo, cubre o seguinte formulario e informaremoste na maior brevedade