O empoderamento das mulleres con discapacidade enténdese como a capacidade da muller para incrementar a súa autoconfianza, o poder e autoridade para poder decidir libremente en todos os aspectos que afectan a súa vida.
Empoderar é un proceso para fortalecer a toma de decisións e alcanzar efectiva igualdade e participación das mulleres con discapacidade na sociedade, tanto na dimensión persoal, relacional e colectiva.
O empoderamento da muller con discapacidade convértese na necesidade urxente do momento, dado que nin a sociedade, nin os poderes públicos, nin os movementos de mulleres, nin tampouco os das persoas con discapacidade, recoñecen verdadeiramente as necesidades e intereses das mulleres con discapacidade, que atopan barreiras adicionais que necesitan ser consideradas.
Aínda que a sociedade avanzou, a discriminación das mulleres segue persistindo, agora, quizais, incluso dunha forma moito máis sutil. E, pese a que os movementos de mulleres desempeñaron un papel fundamental en impulsar cambios, esforzándose por empoderar e preparar ás mulleres na loita pola igualdade, non ocorreu así coas mulleres con discapacidade.
As mulleres con discapacidade seguen quedando á marxe de todos os movementos de dereitos humanos e permanecen inmóbiles nunha posición de clara desvantaxe e discriminación na sociedade.
Os estudios apenas reparan na flagrante discriminación, entre outras razóns, por non tomar en consideración a inclusión de indicadores que contemplen a perspectiva de xénero de maneira que poidan dar conta da súa realidade no seo da familia, no aceso á educación ou aos servizos sanitarios, por poñer exemplos de ámbitos críticos para os procesos de inclusión.
O mesmo acontece se analizamos con perspectiva de xénero as escasas oportunidades que as mulleres con discapacidade teñen para incorporarse ao mercado laboral ou, no seu limitado coñecemento da lexislación existente e dos servizos dirixidos ás persoas con discapacidade ou a mulleres en xeral.
Se queres coñecer que formación estamos a impartir na actualidade ou a que se impartirá proximamente sobre empoderamento fai clic aquí para ver os nosos de proxectos e programas.
Para máis información, contáctanos a través do formulario preme aquí para coñecer outras formas de contacto.
Se desexas máis información sobre o servizo, cubre o seguinte formulario e informaremoste na maior brevedade