Financiado polo Concello de Lugo, este proxecto consistiu na realización de un par de obradoiros na cidade de Lugo. O seu obxectivo xeral foi a mellora da calidade de vida das mulleres con discapacidade do Concello de Lugo a través da redefinición do autocoñecemento. Fomentouse a adquisición de hábitos de vida saudables e o reforzamento das habilidades persoais para a procura de emprego, repercutindo de este xeito na reeducación das características propias, garantindo a igualdade de oportunidades, promocionando a participación social e activa das mulleres con discapacidade.
A finalidade dos obradoiros foi capacitar ás mulleres participantes nas técnicas de búsqueda de emprego, promover a participación en actividades físico-deportivas, fomentar hábitos de vida saudábeis e aumentar a súa autoestima e autocoñecemento a través da imaxe persoal.