Neste 2026 imos comezamos a posta en marcha, un ano máis, do proxecto "VIO 9: Ver para erradicar”. Comezaremos na Provincia de A Coruña, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.
A proposta pretende chegar ata 200 alumnas e alumnos, comprendidas e comprendidos entre os niveles de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Universidade, e non conleva ningún tipo de custe para os centros educativos.
O proxecto nace da necesidade observada de sensibilizar á sociedade en xeral, á xuventude en particular, e sobre todo ás novas xeracións de profesionais, sobre a discapacidade, a igualdade e a prevención da violencia, especialmente da violencia de xénero e a violencia dixital.
A formación lévase a cabo de xeito presencial nos centros, mediante unha metodoloxía dinámica, interactiva e participativa, procurando a reflexión crítica e o debate entre as persoas asistentes.
Se queredes que acudamos aos vosos centros, non dubidedes en contactar connosco! Podedes chamar ao número 680 35 37 76 ou escribir ao correo electrónico: info@acadar.org