🌸 Obradoiros de emprego e saúde para mulleres con discapacidade
O mércores 16 de setembro realizamos o último dos obradoiros desenvolvidos no marco do proxecto “Emprego e Saúde a través do Empoderamento”, coa colaboración do Concello de Lugo.
Nesta última sesión, centrada nas técnicas e habilidades para a comunicación, contamos tamén coa colaboración do Grupo Amador de Improvisación Teatral Lugués @improdutivas.
O obradoiro abordou diferentes técnicas e ferramentas de comunicación orientadas a facilitar unha procura de emprego máis eficaz, así como ao desenvolvemento de habilidades persoais e relacionais.
✨ Unha oportunidade para aprender, experimentar e desenvolver novas habilidades!
Ao longo do proxecto tamén se desenvolveron outros obradoiros:
Foron unhas sesións moi produtivas e satisfactorias. Grazas a todas as mulleres que participaron e se animaron a formar parte deste proxecto! 🌸