Novas

28/07/2026 9:37:48
  • 2026

Unha edición máis regresa a Carreira da Muller da man de Central Lechera Asturiana, un dos eventos deportivos e solidarios máis importantes do calendario.

A cita será o domingo 27 de setembro, ás 10:00 horas, con saída na Avenida de Buenos Aires, xunto ao Complexo Deportivo de Riazor, na Coruña.

Xa están dispoñibles os dorsais 100 % solidarios, cuxo importe íntegro será destinado á nosa entidade para contribuír ao desenvolvemento dos nosos programas e actividades. Se queres colaborar con nós e formar parte desta gran festa do deporte e da solidariedade, podes inscribirte a través da seguinte ligazón:

https://www.carreradelamujer.com/en/web-evento-a-coruna/13666-carrera-de-la-mujer-central-lechera-asturiana-2026-a-coruna

Como é habitual, a Feira da Corredora celebrarase o venres 25 de setembro, de 16:00h a 20:00 horas, e o sábado 26 de setembro, de 10:00h a 14:00 horas e de 16:00h a 19:00 horas. Un ano máis, ACADAR contará cun stand informativo neste espazo, onde as persoas asistentes poderán coñecer de preto os nosos proxectos, actividades e servizos, así como a labor que desenvolvemos na promoción da autonomía, a inclusión social e a mellora da calidade de vida das mulleres con discapacidade.

Esta colaboración reafirma, un ano máis, o compromiso compartido coa igualdade, a inclusión e o apoio ás entidades sociais que traballan a prol das persoas con discapacidade.