ACADAR está desenvolvendo durante o ano 2026 o proxecto “Creando en Rede" / "Creando en Red”, co que en torno a 50 mulleres con discapacidade das cidades ou entornos próximos de Santiago de Compostela e Lugo participarán en encontros donde se abordan temáticas coma os dereitos das mulleres con discapacidade, a xestión emocional e a mellora das habilidades sociais e comunicativas. Tamén se realizarán actividades de ocio e socioculturais tales como visitas guiadas a museos, saídas a lugares emblemáticos das cidades de referencia, participación en celebracións e eventos e fomentaráse o coñecemento de recursos e entidades locais.
Con este proxecto, avalado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), preténdese romper co illamento, fortalecer vínculos, fomentar o empoderamento e promover a participación. Impleméntase en dúas zonas diferentes; en Santiago de Compostela, unha localidade con maior número de recursos socioculturais, de transporte e mobilidade, sanitarios e comunitarios, e en Lugo, localidade con maior dispersión xeográfica e menor número de recursos dos anteriormente mencionados.
O proxecto pretende ofrecer espacios seguros que permitan compartir vivencias, xerar vínculos, desenvolver habilidades sociais e construir liderados dende a experiencia propia. Ademais, o apoio entre iguais contribúe a reforzar a autoestima, previr situacións de violencia e dependencia, favorecendo a inclusión social real. Así, búscase promover a autonomía, o benestar integral e a participación social de mulleres con discapacidade mediante o deseño, implementación e fortalecemento de redes de apoio constituidas de forma participativa, articuladas en tres eixes de intervención: rede de apoio próxima, rede de apoio comunitaria e desenvolvemento de competencias e habilidades para o benestar social e persoal.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para a financiación dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramiento e realizando un seguimiento pormenorizado durante todo o proceso.