Esta semana deu comezo en Vilalba, no IES Santiago Basanta Silva, a primeira sesión do proxecto formativo VIO 9: Ver para Erradicar, dirixido ao alumnado de 1º de ESO e desenvolto co apoio e financiación da Deputación Provincial de Lugo a través do seu Área de Promoción ecónomica e Social.
O proxecto VIO 9: Ver para Erradicar nace coa vontade de educar para a igualdade e construír espazos libres de violencias, nos que cada persoa poida crecer e convivir en liberdade. O longo de diferentes sesións, ponse o foco na sensibilización sobre a igualdade e a discapacidade, e tamén na prevención da violencia de xénero e da violencia dixital.
A metodoloxía a seguir e a través de dinámicas participativas e reflexións compartidas, buscando que o alumnado verta unha mirada crítica e empática sobre a realidade, promovendo valores de respecto, convivencia e inclusión. O proxecto busca fomentar unha mocidade máis consciente, respectuosa e comprometida coa convivencia en igualdade, promovendo espazos educativos libres de violencias e baseados no respecto e na inclusión.
.png)