VIO 9: Ver para erradica desenvólvese por séptimo ano consecutivo, grazas á colaboración da Deputación de Lugo. Ten como finalidade sensibilizar á xuventude sobre a igualdade, discapacidade e a prevención da violencia de xénero. Poñendo énfasis na violencia sexual dixital.
O obxectivo xeral é promover a concienciación do alumnado acerca da necesidade de manter unhas relacións afectivas sas, afastadas de prexuízos e estereotipos sexistas que unicamente alimentan e perpetúan as relacións desiguais entre homes e mulleres.
Está dirixido a 90 persoas estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacherelato ou Formación Profesional da provincia de Lugo, levándose a cabo entre os mese de outubro do 2024 ata marzo do 2025.
A metodoloxía da formación será dinámica e participativa, buscando a reflexión crítica e o debate no alumnado.
Se como centro tes interese no noso proxecto, podes contactar ao número 673 142 212 ou ao e-mail: info@acadar.org