Por sexto ano consecutivo ACADAR puxo en marcha RE-CRÉATE a través da liña de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e de prevención e loita contra as violencias machistas, convocada polo Concello de Santiago de Compostela para este 2024.
A través de este proxecto realízanse obradoiros creativos dirixidos ás mulleres con discapacidade do Concello de Santiago e que teñen como obxectivo promover unha igualdade de xénero baseada nun enfoque de saúde sexual e afectiva que permite un rol activo da muller no seu autocoidado e na identificación de elementos de risco de vivir violencia de xénero, especialmente a violencia sexual.
Durante o mes de setembro levaranse a cabo ditos obradoiros, se resides en Santiago e estás interesada en participar, podes poñerte en contacto con nós a través das RR.SS, o noso e-mail info@acadar.org ou nos teléfonos 674 073 092 / 673 142 212 / 674 139 837