Novas

27/09/2024 12:04:48
  • 2024

Está de volta o Programa Emprego e saúde a través do empoderamento. Realizarase no mes de outubro, dirixido a mulleres con discapacidade de Lugo.

O obxectivo, é fomentar o desenvolvemento e/ou adquisición das habilidades persoais, sociais e prelaborais das mulleres con discapacidade.

Para o desenvolvemento do programa plantease unha metodoloxía dinámica, lúdica e participativa. A vez, este está dividido en 6 módulos: 

- Non hai saúde sen saúde mental

- Emoción(arte)

- Iniciación de ximnasia adaptada

- Atención plena do noso corpo

- Empoderarte

- Técnicas de emprego e TIC.

Cabe destacar, que este programa está financiado polo Concello de Lugo. 

Se es de Lugo e estás interesada, contacta connosco ao número 673 142 212 ou ao e-mail: info@acadar.org