Durante nove meses, ACADAR implementa o Programa de Atención Social, Asesoramento e Intervención Especializada I en dúas das provincias galegas, Lugo (Lugo) e A Coruña (Santiago de Compostela), co obxectivo de promover a igualdade de oportunidades na participación social e no acceso ao mercado laboral de polo menos 23 mulleres con discapacidade.
O foco deste programa son as Tecnoloxías de Relación, Información e Comunicación (Tics/ TRICs), imprescindibles a día de hoxe para unha ampla cantidade de xestións para a vida diaria, para o exercicio dos dereitos, a participación social e a inclusión laboral. A adquisición destas habilidades ligadas á tecnoloxía sitúase ao nivel prelaboral en moitos casos, xa que non só se aprende o uso de tecnoloxías específicas, senón que facilita un achegamento e comprensión máis transversais das dinámicas baseadas en tecnoloxía, no día a día e nos espazos laborais. Ademais, no programa tamén se abordan habilidades sociais, outras habilidades formativas de interese en función das necesidades das participantes, entre outras.
Este programa está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeneral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia, e xestionado desde a confederación da que ACADAR é parte, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade(COGAMI).