Durante este 2024, volvemos por en marcha o programa ACTIVA-DAS. Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF como resultado de todas as persoas contribuíntes que marcaron a casa de Actividades de Interese Social, tamén chamada X Solidaria.
A través de este programa promovemos a igualdade entre homes e mulleres, potenciando a participación e a presenza das mulleres nos ámbitos social, cultural, económico, etc. Levando a cabo accións de intervención continuada nas que traballamos o recoñecemento e fortalecemento das capacidades propias e competencias, fomentando a autoestima e o autoconcepto e reforzando procesos de apoderamento colectivos e individuais. A través de obradoiros traballamos as ferramentas e recursos de cara a detección e erradicación dos distintos tipos de violencia que viven as mulleres con discapacidade, potenciamos habilidades sociais e comunicativas e incrementamos a participación e a creación e cohesión de redes de apoio entre as propias mulleres con discapacidade participantes.
Para lograr os obxectivos propostos, traballamos con mulleres de distintas localidades como Santiago e Ferrol, sen esquecer a aquelas que viven en zonas rurais como A Estrada ou Silleda.