Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2024
  • /
  • ACADAR RECIBE UNHA AXUDA DA XUNTA DE GALICIA PARA FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES
16/09/2024 14:12:55
  • 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, concede a ACADAR unha axuda económica para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento da entidade.

Estas axudas foron convocadas a través da Resolución do 1 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2024.

O obxecto desta resolución e  fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas.

  • Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
  • Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.