Baixo o lema 'Que farías ti?' presentamos esta campaña na que a partir de experiencias contadas por usuarias
da asociación ACADAR construímos historias interactivas que buscan reclamar a implicación social a través do formato audiovisual.
Segundo o Observatorio sobre discapacidade e mercado de traballo, un 32,5% das persoas con discapacidade atópanse en risco de pobreza ou exclusión social. Mar Catarina crea unha colaxe coa precariedade e o risco de exclusión social no centro e cheo de alarmas reais ou mentais que temos que apagar para poder continuar.
Recursos pertencentes á historia interactiva 'Quen son?'
Ministerio de Igualdade
- Atención telefónica: 016
- Atención online: 016-online@igualdad.gob.es
- Atención por WhatsApp: 600 000 016
- Centros de Información ás Mulleres (CIM):
Servizo gratuíto de información a mulleres que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e información en materia de recursos.
Páxina web: CIM
- Teléfono da Muller:
Servizo gratuíto e anónimo que funciona 24 horas ao día e está dispoñible en 51 idiomas. As mulleres con xordeira que precisen usalo poden facelo a través de bildtec.
Teléfono: 900 400 273
- Atención psicolóxica a mulleres que viven situacións de violencia de xénero:
Servizo de atención psicolóxica gratuíta para mulleres que viven violencia de xénero, as súas crianzas menores de 18 anos ou calquera outra persoa que dependa da muller. O seu acceso é anónimo e dispoñible 24 horas.
Teléfono: 629 777 595
- Asesoramento Xurídico online:
Servizo gratuíto en materia de información e asesoramento xurídico sobre diversidade de cuestións entre as que destacan a violencia de xénero, o acoso sexual e as discrminiacións por razón de sexo, entre outras.
Páxina web: Asesoramento online
Lembra que se estás vivindo calquer tipo de violencia podes contactar con ACADAR a través de:
Teléfono: 674 073 092
E-mail: info@acadar.org
Facebook: ACADAR | Facebook
Instagram: ACADAR | Instagram