Por terceiro ano consecutivo, “Mochilas Lilas: Programa para a prevención da violencia de xénero”, levouse a cabo co apoio da Deputación de Pontevedra en catro Centros de Educación Infantil e Primaria da provincia de Pontevedra.
Este proxecto tivo como obxectivo fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia de xénero. Consistiu na realización de sesións formativas sobre a igualdade de xénero e a discapacidade no primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria nos seguintes centros; no Concello de Tomiño o CEIP Pintor Antonio Fernández, no Concello de Tui o CEIP de Randufe, no Concello de Moaña o CEIP A Guía e no Concello de Redondela o CEIP Plurilingüe Porto-Cabeiro.
As actividades de sensibilización abarcaron a un total de 137 estudantes.