Novas

  • Inicio
  • /
  • Novas
  • /
  • 2020
  • /
  • REMATA O SERVIZO DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPREGO PARA MULLERES CON DISCAPACIDADE
30/11/2020 14:47:57
  • 2020

Activo entre os meses de xullo e novembro de 2020, este Servizo permitiu traballar con 12 mulleres das provincias de Ourense e Lugo, desenvolvendo proxectos personalizados co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade.

Leváronse a cabo actuacións de carácter individual e grupal a través das cales se proporcionaron e se puxeron en práctica diferentes estratexias e ferramentas coas que puideron incrementar e potenciar as súas habiliades comunicativas, persoais e sociais, ademais do manexo de ferramentas e plataformas dixitais de cara optimizar a búsqueda de traballo. Durante estes meses, 3 das 12 mulleres participantes acadaron un emprego.

Este Servizo de Apoio e Transición ao Emprego para mulleres con discapacidade contempla actuacións enmarcadas dentro do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014 - 2020, no seu obxectivo temático 9  "Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, financiado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social.