Financiado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade, este programa estivo enmarcado nas axudas dirixidas á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero.
A través do “ACTIVA-DAS. Claves para o empoderamento das mulleres con discapacidade”, leváronse a cabo actividades de información e asesoramento, itinerarios personalizados e obradoiros temáticos, todo dirixido a potenciar capacidades e habilidades, reivindicar dereitos e promover unha maior autonomía persoal coa que poder desenvolver o seus proxectos de vida.
Non se pode obviar que a situación de emerxencia sanitaria declarada en 2020 por mor da COVID19 supuxo, entre outras, unha perda de dereitos das mulleres con discapacidade durante a cal viviron un empeoramento de patoloxías pola suspensión de tratamentos médicos, a obriga de convivir con figuras agresoras e/ou a incomunicación dada a enorme fenda dixital existente. Dada a experiencia, podemos sinalar que este tipo de programas supoñan, en moitos casos, o apoio e empuxe que as mulleres, sobre todo en zonas rurais, precisan e demandan para seguir avanzando nos seus proxectos.
Así, un total de 43 mulleres con discapacidade, das que o 95% son residentes na provincia da Coruña, foron as participantes neste proxecto
Compre destacar que este programa foi realizado a través dos fondos do 0,7% do IRPF, do resultado de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro de “Actividades de interese xeral”, a “X Solidaria”.