Novas

24/09/2020 13:08:47
  • 2020

Finalizado o Curso online de linguaxe inclusiva e non discriminatoria, enmarcado dentro do proxecto "Comunica a Conciencia", levado a cabo por ACADAR en colaboración coa Fundación ONCE.

90 persoas participaron nesta formación a través da plataforma Moodle, coa finalidade de sensibilizar, concienciar e fomentar o emprego dunha linguaxe que inclúa a todas as persoas por igual e non discrimine, como ferramenta de cambio de cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Debido á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, adaptouse "Comunica a Conciencia" para pasar dunha actividade presencial a unha formación online con contidos máis amplos e prácticos, sendo esta a primeira vez que se crea unha actividade formativa en Moodle dende a entidade. Ao finalizar, realizouse unha enquisa anónima a todas as persoas participantes sobre o grao de satisfacción respecto ao mesmo, o que permitiranos corrixir algúns aspectos para mellorar no futuro. Dende ACADAR consideramos que os resultados son moi positivos, tanto por parte do equipo técnico como das participantes.

Outro punto a destacar foi a presentación e introducción da aplicación informática, Xanela Inclusiva, corrector de estilo para Word e LibreOffice, que detecta a linguaxe sexista e discriminatoria reformulándoa en linguaxe inclusiva, e que agora tamén está dispoñible en galego.

 

Moitras grazas a todas as persoas que participaron!