En colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e co Fondo Social Europeo, ACADAR está a desenvolver o proxecto Mergúllate, dirixido a mulleres con discapacidade de concellos rurais de Lugo, Ourense e A Coruña.
O obxectivo é proporcionar unha atención personalizada e específica ás mulleres con discapacidade, potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma. É un programa que ten carácter gratuíto no que se realizan accións individuais e grupais.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180622/AnuncioG0244-120618-0002_gl.html