O proxecto Mergúllate que ACADAR está levando a cabo, está dirixido a mulleres con discapacidade de concellos rurais das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.
Este proxecto está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e cofinanciado pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.
O obxectivo é proporcionar unha atención personalizada e específica ás mulleres con discapacidade, potenciando as súas capacidades e competencias para o desenvolvemento dunha vida máis autónoma. É un programa que ten carácter gratuíto. Realizaranse accións individuais e grupais.