ACADAR está a desenvolver o programa "Emprego e saúde a través do empoderamento", financiado polo Concello de Lugo.
Dito programa ten como obxectivo procurar a mellora da calidade de vida das mulleres con discapacidade participantes a través da redefinición do autocoñecemento. Fomentarase a adquisición de hábitos de vida saudables e o reforzamento das habilidades persoais para a busca de emprego, repercutindo así positivamente na reeducación das características propias, garantindo a igualdade de oportunidades, promocionando a participación social e activa das mulleres con discapacidade e, deste xeito, camiñar cara a igualdade real.
Desenvolveranse catro obradoiros dirixidos a mulleres con discapacidade do Concello de Lugo maiores de idade, nos que se traballarán aspectos como a mellora da autoestima a través da imaxe persoal, a importancia do autocoidado, a promoción de hábitos alimenticios saudables, coidado do chan pélvico, o reforzo dunha autovaloración positiva das mulleres con discapacidade e o reforzo das aptitudes de cara á busca de emprego, entre outros.
Os obradoiros darán comenzo o xoves 24 de maio.
|
MARTES
|
XOVES
|
---|---|---|
Obradoiro de hábitos saudables
|
29 de maio
|
24 de maio
|
Obradoiro de técnicas de emprego
|
5 de xuño
|
31 de maio
|
Obradoiro para o fomento do autoconcepto
|
12 de xuño
|
7 de xuño
|
Obradoiro de chan pélvico
|
19 de xuño
|
13 de xuño*
|
* Esta sesión celébrase un mércores, non un xoves.