Novas

08/01/2018 16:45:42
  • 2018

Financiado pola Fundación ONCE e desenvolto por imaxin|software este proxecto ten como obxectivo a elaboración dunha versión beta de corrector asistido de linguaxe non discriminatoria para a lingua castelá. Este corrector desenvolverase para a aplicación Writer do paquete ofimático libre LibreOffice 5.3.0 na súa versión para o sistema operativo Windows.

Unha aplicación correctora de linguaxe non discriminatoria encárgase de recoñecer e corrixir os erros de estilo de redacción presentes nun documento. O corrector de estilo analizará o texto tratando de detectar secuencias de palabras que sigan unhas determinadas pautas de erro. Unha vez detectados, o corrector asistido suxerirá alternativas de linguaxe xenéricas correctas, explicando cal é a razón do erro.

Detectaranse palabras ou combinacións de palabras incorrectas e ofreceranse unha ou varias alternativas.