Grazas ao convenio asinado entre o Concello de Santiago de Compostela e ACADAR, este ano volvemos a por en marcha os obradoiros enmarcados dentro do programa "Acceso ao traballo remunerado 2.0", levándose a cabo entre os meses de maio e agosto.
O obxectivo de este programa é o acompañamento das mulleres no acceso ao traballo remunerado mediante a captación na toma de decisións, na consciencia das capacidades, no aumento dun autocoñecemento positivo, na mellora do autoconcepto e en estratexias de comunicación eficaz, ademáis de dar a coñecer as diferentes técnicas de procura de emprego.
Traballaranse temáticas relacionadas co autoconcepto, a autoestima, a comunicación eficaz, a motivación na procura activa e real de emprego así como a importancia do uso e manexo das TIC como ferramenta na procura de emprego.
En total, levaranse a cabo 8 obradoiros sobre autoconcepto e comunicación eficaz, motivación laboral, uso básico das TIC e uso práctico das TIC.
Se estás interesada en participar podes poñerte en contacto con nós a través do teléfono 674 073 092 ou a través do correo electrónico info@acadar.org