O Círculo de Mulleres con Discapacidade (CIMUDIS) da República Dominicana elaborou o estudo “Diagnóstico sobre Violencia de Xénero cara ás Mulleres con Discapacidade na República Dominicana” sobre a violencia sexual que viven as mulleres con discapacidade no devandito país.
Con este estudo, buscan "identificar os distintos tipos de violencia e os obstáculos que impiden o pleno desenvolvemento así como o exercicio dos dereitos das mulleres con discapacidade". Así mesmo, realizan unha serie de propostas para que o Estado integre medidas específicas dirixidas ás mulleres con discapacidade en todas as súas accións, planificacións e deseños, promovendo a súa participación social e diminuíndo os niveis de violencia sexual.
Podes ver o estudo premendo aquí.