Por cuarto ano consecutivo, ACADAR contando coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, puxo en marcha este programa dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade en zonas rurais.
Co obxectivo de potenciar as propias ferramentas e capacidades para o desenvolvemento dunha vida autónoma e independente, leváronse a cabo accións de carácter individual e grupal cun total de 26 mulleres con discapacidade residentes nos concellos de A Cañiza, Catoira, Fisterra e A Illa de Arousa.
Algunhas das actividades desenvoltas foron orientadas a:
- Facilitar información sobre recursos e servizos dispoñibles para as mulleres con discapacidade.
- Promover actitudes positivas que puxeran énfase nun desenvolvemento persoal das mulleres, co afán de incrementar a súa autoestima e definir o autoconcepto.
- Potenciar habilidades sociais básicas ao mesmo tempo que a comunicación verbal e non verbal.
- Fomentar o empoderamento individual e colectivo buscando recoñecer e dar valor ás propias capacidades e recursos persoais e grupais.
- Fomentar a igualdade de xénero e a prevención de violencias, analizando e detectando os roles e estereotipos de xénero e que efectos teñen na nosa vida e na sociedade, por un lado, e por outro potenciando a identificación e prevención das violencias machistas.
- Promover o coñecemento e ferramentas para o manexo das TICs, favorecendo a adquisición de recursos para un uso seguro, e prevencións de riscos e violencias online
Agardámosvos na 5ª edición!
