Novas

06/05/2022 11:44:19
  • 2022

A través de itinerarios personalizados, promoverase  a adquisición e mellora de habilidades sociais, formativas e prelaborais de persoas con discapacidade, a través do manexo das TIC en relación ao emprego, á realización de trámites administrativos e sanitarios e a toma de consciencia da violencia dixital, entre outros. Prevese a participarión de 11 mulleres con discapacidade de Ourense, O Carballiño e Lalín.

Nas edicións pasadas que a entidade levou a cabo de este programa, participaron un total de 32 mulleres con discapacidade da provincia de A Coruña ás que se lle dotou de coñecementos básicos sobre TIC para incrementar a súa empregabilidade e seguridade dixital.

Dito programa está cofinanciado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF da Xunta de Galicia,  a cal é xestionada dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade(COGAMI), da que ACADAR forma parte.