Novas

08/03/2022 9:00:00
  • 2022

#NósTaménSomos8M

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO 2022

TODAS SOMOS CAPACES

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, atopámonos unha vez máis nunha data destacada para a sororidade, pero tamén para a reivindicación, dirixida tanto aos poderes públicos como ao conxunto da sociedade, da urxente necesidade de fomentar e manter un sistema baseado na igualdade de trato e de oportunidades para acabar coas inxustizas sociais que as mulleres e nenas vivimos en todo o mundo.

Este día conmemora a loita das mulleres, en permanente evolución, por transformar a realidade preservando os Dereitos Humanos.

Neste sentido, cabe destacar a Convención para a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller (CEDAW) de 1979, pola cal establécense unha serie de obligacións cara aos estados membro das Nacións Unidas para tomar medidas orientadas a erradicar a subordinación, desigualdade e opresión das mulleres.

Lembrando que a exclusión, a violencia ou calquera das variantes da discriminación cara as mulleres vulneran directamente os principios da igualdade de dereitos e do respecto da dignidade humana, recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos, desde ACADAR e CEMUDIS reivindicamos que toda muller ten un proxecto de vida e é un dereito fundamental o que sexa respectado en todos os sentidos.

Así mesmo, como entidade membro de CEMUDIS, plataforma para a visibilidade das mulleres e nenas con discapacidade, remarcamos tamén a Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade (2006), na cal, ademais, entre os seus principios recoñece a importancia do seu papel incluíndo o enfoque de xénero.

Non podemos tampouco obviar a situación de crisis que nos acompaña desde fai dous anos coa chegada da COVID-19, que empeorou as condicións de vida e de participación das mulleres con discapacidade.

O pasado ano, CEMUDIS publicou o Informe final sobre a Situación social e laboral das mulleres con discapacidade, que reflexa unha realidade na que os seus dereitos fundamentais vense quebrantados, e é que, de todas as mulleres e nenas con discapacidade, case o 60 % recoñece ter vivido algún tipo de discriminación polo mero feito de ter discapacidade, e que a maior grao das mesma, maior discriminación.

Por outra parte, resalta tamén que preto do 30 % afirman haber vivido algún tipo de violencia, e que soamente o 15,5 % denunciouno; manifestando que as principais dificultades para facelo son o medo e o sentimento de que non paga a pena.

Na situación laboral, e tendo en conta que o mes pasado celebrouse o día pola igualdade salarial, é preciso destacar que a fenda salarial afecta dobremente ás mulleres con discapacidade e é que o salario anual das mulleres con discapacidade diminuíu un 2,5 % desde 2010. Respecto aos homes con discapacidade, esta fenda sitúase nuns 2.895 € anuais menos.

Seguindo esta liña, tan so o 35,1 % das mulleres con discapacidade que participaron teñen un traballado remunerado. Estas dificultades fronte a empregabilidade e a baixa remuneración recibida levan a que moitas mulleres con discapacidade non poidan ter gastos imprevistos ou incluso cubrir gastos de vivenda.

Así, esta realidade afectada polas crises derivadas da COVID-19 e os continuos conflitos bélicos ao longo do mundo, perxudican especialmente as condicións das nenas e mulleres con discapacidade, poñendo en risco o desenvolvemento dos seus proxectos vitais e o acceso a recursos e oportunidades.

Por todo isto, ACADAR súmase a CEMUDIS e o resto de entidades confederadas e ESIXIMOS:

  • Fomentar a participación social de todas as mulleres e nenas con discapacidade sen distinción.
  • Reforzar as liñas orzamentarias para incentivar a contratación das mulleres con discapacidade e a formación de mulleres e nenas con discapacidade.
  • Que se recoñeza a especial vulnerabilidade das mulleres e nenas con discapacidade en zonas de conflito armado e proceso de refuxo, actuando en consecuencia nas intervencións pola paz.
  • Que a igualdade se converta nunha realidade deixando a un lado todos os postulados teóricos e sexa aplicada de forma efectiva en tódolos ámbitos da sociedade, sen importar a idade, discapacidade, identidade e orientación sexual, etnia, relixión, cultura ou nivel socioeconómico.
  • Poñer especial interese na sensibilización tanto á poboación en xeral como a equipos profesionais de entidades e corpos e forzas de seguridade, de calquera forma de discriminación ou violencia cara as mulleres e nenas con discapacidade.
  • Velar polo cumprimento de absolutamente todos os dereitos fundamentais recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
  • Incorporar de maneira definitiva o indicador da discapacidade en todas as estatísticas da violencia cara as mulleres, en calquera ámbito territorial.
  • Que se incorpore a perspectiva da discapacidade en todos os proxectos subvencionados con fondos públicos que poidan estar relacionados coa violencia cara as mulleres e nenas.
  • Que sexa efectiva unha educación inclusiva e adaptada para as nenas e mulleres con discapacidade.
  • Que se realicen accións encamiñadas á erradicación do fracaso e/ou abandono escolar das nenas e mulleres con discapacidade.
  • Promover unha imaxe que se axuste á realidade, de forma positiva, das nenas e mulleres con discapacidade que poida favorecer á inclusión social do colectivos en todos os aspectos da vida.
  • Que desde os poderes públicos se recoñeza a labor desempeñada cada día polas entidades sociais que promoven a igualdade e dotan de recursos e servizos a colectivos en situación de vulnerabilidade, especialmente ás nenas e mulleres con discapacidade.
  • Que se garanta a vida independente e autónoma das mulleres e nenas con discapacidade.

Por iso, hoxe ACADAR e a Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade (CEMUDIS), en nome e representación de todas as organizacións que traballan activamente na defensa e protección dos dereitos das mulleres e nenas con discapacidade, especialmente as entidades membro (Federación de Asociaciones de Mujeres con Discapacidad en Andalucía FAMDISA, Asociación AMANIXER de Aragón, Asociación AMDAS La Fonte de Asturias, Asociación LUNA Castilla la Mancha, Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia ACADAR, Asociación Más Mujer Murcia, Asociación Dones no Estàndars de Cataluña, Asociación de mujeres con discapacidad de Palencia AMUDIS, Asociación extremeña de mujeres con discapacidad AEMDI, Asociación de Mujeres en Movimiento de Valencia); reivindicamos a necesidade de seguir sumando e poñendo empeño para erradicar calquera forma de violencia ou vulneración dos Dereitos Humanos fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade que aínda a día de hoxe se seguen producindo.

 

 

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2022.