Novas

10/08/2021 14:09:10
  • 2021

Comezamos co Programa RE-CRÉATE (3ª edición), subvencionado pola Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela.

A través de esta programa realizaránse 4 obradoiros recreativos durante os meses de agosto e setembro, dirixidos a mulleres con discapacidade do concello de Santiago.

As temáticas a abordar nestes obradoiros serán: abordaxe da sexualidade, desmitificación dos mitos do amor romántico, ferramentas para a autorregulación emocional, conceptos básicos de igualdade e xénero e autoras importantes da historia.

O que se traballará nos obradoiros xira en torno a promoción da igualdade real entre homes e mulleres e a prevención da violencia cara ás mulleres.

Anímate e participa!