Novas

20/10/2021 12:45:28
  • 2021

Durante o mes de setembro, comezou o proxecto formativo VIO7: Ver para Erradicar, en colaboración coa Deputación de Coruña.

Este proxecto vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, universidades e Fromación Profesional, co obxectivo de promover as relacións igualitarias entre o alumnado participante da provincia de Coruña.

Na realización das actividades empregarase material teórico e audiovisual, así como tamén casos prácticos, procurando obter as ferramentas necesarias para a identificación e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres, facendo fincapé na discapacidade.

Os contidos xerais destas actividades serán:

  • Conceptos básicos en igualdade, xénero e discapacidade
  • Contextualización da violencia machista
  • Violencia cara as nenas e mulleres con discapacidade
  • Recursos: prevención e afrontamento da violencia de xénero
  • Linguaxe inclusiva como ferramenta de cambio