Novas

11/03/2021 11:55:59
  • 2021

A linguaxe crea realidades, por iso é necesario empregar unha linguaxe que nomee a tódalas persoas por igual.

Comunica a Conciencia é un proxecto financiado pola Fundación ONCE que ten como obxectivo sensibilizar, concienciar e fomentar o uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria como ferramenta de cambio en colectivos profesionais. A formación ponse en marcha por cuarto ano consecutivo, e levarase a cabo ata finais de setembro.

Este ano, debido ao novo escenario que se presenta pola pandemia COVID-19, os obradoiros impartiranse de forma online ou presencial.

Por outra banda, traballarase unha vez máis co corrector ortográfico de ACADAR'Xanela Inclusiva', a cal está en lingua galega e castelán.