No día de hoxe, ACADAR presentou o seu proxecto Descubre realidades!, realizado grazas a colaboración da Xunta de Galicia, que tivo como obxectivo dar a coñecer a incidencia real da violencia cara as mulleres con discapacidade a través da sensibilización da sociedade dos distintos tipos de violencia que vives as mulleres.
A presentación do proxecto contou ca presencia de Anxo Queiruga, Presidente de COGAMI, Fabiola García Conselleira de Política Social e Mª Jesús Lorenzana, Conselleira de Emprego e Igualdade. Fabiola García destacou a importancia de dar voz e unha maior visibilidade as mulleres con discapacidade. Pola súa parte, Mª Jesús Lorenzana indicou a importancia de que Emprego e Igualdade formen parte da mesma consellería, xa que “a igualdade só se consigue co pleno emprego”.
Para elo, ACADAR creou un espazo web específico (www.descubrerealidades.org) no que reformulou o material da guía ‘Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais’ (2016, ACADAR) a formato web. Ademáis graváronse 7 vídeos testemuñais curtos, un por cada tipo de violencia, sendo as protagonistas sete mulleres con discapacidade que forman parte da entidade, ben como socias ou ben como participantes doutros proxectos. Os videos expresan como recoñecer os diferentes tipos de violencia, a experiencia vivida por cada muller e como actuar unha vez son detectadas.