Novas

11/11/2020 18:33:01
  • 2020

Un ano máis, en colaboración coa Deputación da Coruña, dende ACADAR desenvolvemos o proxecto formativo VIO7: Ver para erradicar.

Dirixido a alumnado universitario, de formación profesional e/ou Bacharelato, esta actividade procura visibilizar e sensibilizar sobre a discapacidade, igualdade e a prevención da violencia.

Dada a excepcional situación sanitaria deste ano, ademais de seguir realizando obradoiros presenciais nos centros nos que sexa posible, reformulamos a actividade para poder ofrecer, tamén gratuitamente, a formación online a través dunha plataforma Moodle.

Mediante contidos específicos, material audiovisual complementario e casos prácticos, búscase seguir traballando na sensibilización, identificación e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres, con especial fincapé nas mulleres con discapacidade, así coma a prevención primaria das situacións de desigualdade.

O material está dividido en cinco módulos:

  1. Conceptos básicos en igualdade, xénero e discapacidade
  2. Violencia Machista I. Contextualización, machismo e mitos
  3. Violencia Machista II. Violencia cara as nenas e mulleres con discapacidade
  4. Recursos existentes: prevención e afrontamento da violencia
  5. Linguaxe Inclusiva: ferramenta de cambio

A duración estimada son 15 horas, estando o material dispoñible ata o 20 de decembro.

As persoas que o desexen e soliciten poderán dispoñer dun certificado acreditativo ao completar a formación.

Anímaste? É totalmente gratuíto, o único requisito é que o teu centro de estudos estea na provincia da Coruña.

Hai prazas limitadas! Para inscribirte podes cubrir o seguinte formulario: 

Para máis información :

674073092 ou formacion@acadar.org