Novas

12/03/2020 14:20:11
  • 2020

Comunica a Conciencia é un proxecto financiado pola Fundación ONCE para a sensibilización, concienciación e fomento do uso da linguaxe inclusiva e non discriminatoria como ferramenta de cambio en colectivos profesionais.

Realizaranse accións dirixidas a persoas profesionais e futuras profesionais, co fin de sensibilizar e concienciar sobre o emprego dunha linguaxe que non discrimine e que nomee a tódalas persoas por igual.

Por outra banda, traballarse unha vez máis co corrector ortográfico de ACADAR, 'Xanela Inclusiva', a cal este ano como novidade estará tamén en galego.