Novas

07/10/2019 12:03:15
  • 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca accións formativas de carácter presencial dirixidas ás persoas profesionais do tempo de lecer.

Entre a súa oferta atópanse as formacións en materia de violencia de xénero, que teñen como obxectivo dotar ás persoas voluntarias e aos axentes educativos no ámbito do lecer e tempo libre de ferramentas e habilidades para a prevención, a detección e a posible intervención ante situacións de violencia de xénero.

As temáticas a abordar xiran en torno a tres bloques principais:

1. CONCEPTOS BÁSICOS EN IGUALDADE E XÉNERO

2. ORIXES DA VIOLENCIA DE XÉNERO

3. A COEDUCACIÓN, a única ferramenta para previr na violencia de xénero

 

Para máis información e inscricións, accede ao seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17624-formacion-para-educadores-no-tempo-de-lecer-e-persoas-voluntarias?fbclid=IwAR06dHMGKa_sJRPgFCxKubUhSfBs7W1VeAYGyBU88RrJHnrS_fL2Ibk_EFU

 

DATAS, HORARIO E LUGARES DE REALIZACIÓN DO CURSO:

As accións formativas desenvolveranse nos seguintes espazos e datas, en horario de 16 a 20 horas.

Vigo, do 14 ao 17 de outubro:

R/ Fotógrafo Luis Ksado, 17 – Casa do Deporte

36209 Vigo

 

Lugo, do 21 ao 24 de outubro:

R/ Pintor Corredoira, 4 - Albergue xuvenil LUG2

27002 Lugo

 

A Coruña, do 21 ao 24 de outubro:

Avda. Linares Rivas, 28, 8º - Local do Quérote +

15004 A Coruña

 

Vilagarcía, do 4 ao 7 de novembro:

R/ Juan Carlos I, 37 - Espazo xove de Vilagarcía

36600 Vilagarcía

 

Santiago de Compostela, do 11 ao 14 de novembro:

R/ Ramón Piñeiro 17-19 - Centro Coordinador de Información Xuvenil

15781 Santiago

 

Ourense, do 18 ao 21 de novembro:

R/ Celso Emilio Ferreiro, 27 – Espazo Xove

32004 Ourense