Novas

14/02/2019 13:36:10
  • 2019

Grazas ao convenio asinado entre o Concello de Santiago de Compostela e ACADAR, ponse en marcha ‘Acceso ao traballo remunerado 2.0’ que se levará a cabo ata finais de setembro.

O obxectivo é o acompañamento das mulleres no acceso ao traballo remunerado mediante a captación na toma de decisións, na consciencia das capacidades, no aumento dun autocoñecemento positivo, na mellora do autoconcepto e en estratexias de comunicación eficaz, ademáis de dar a coñecer as diferentes técnicas de procura de emprego.

Traballaranse temáticas relacionadas co autoconcepto, a autoestima, a comunicación eficaz, a motivación na procura activa e real de emprego así como a importancia do uso e manexo das TIC, como ferramenta na procura de emprego, a través de diferentes sesións.