Novas

18/10/2018 9:33:02
  • 2018

VIO 7. Ver para erradicar e un proxecto formativo subvencionado pola Deputación da Coruña que está dirixido ao alumnado universitario e de formación profesional.

O seu obxectivo principal é fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia cara as mulleres con discapacidade, igualdade e prevención da violencia de xénero.

Nestas formacións trataremos os temas de xénero e discapacidade (a perspectiva de xénero, a importancia do uso da linguaxe con perspectiva de xénero, a teoría interseccional, ...) e a a violencia contra as mulleres con discapacidade (definición e tipos de violencia, o ciclo da violencia, ...).

 

 

Para coñecer as datas das formacións, accede ao Facebook de ACADAR.

 

(preme na imaxe)