Novas

02/10/2018 8:53:06
  • 2018


Ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de Cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para o ano 2018, en ACADAR podemos contar dende outubro ata finais de abril cunha traballadora social.

Subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, este Programa ten por obxecto o fomento do emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta iniciativa permite que a persoa traballadora poida adquirir unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

En ACADAR, a técnica desenvolverá accións de prevención e sensibilización,  para a poboación en xeral e participará no desenvolvemento das actividades que a entidade organice e/ou nas que participe; analizará e avaliará necesidades e demandas das mulleres usuarias, así como deseñará os plans individuais de intervención cando proceda, realizando seguimentos e avaliación dos mesmos.

Esta convocatoria de axudas enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.