Biblioteca

Que é?

A Biblioteca Dixital sobre a Violencia contra as Mulleres con Discapacidade foi creada por ACADAR en outubro de 2012 coa finalidade de ser un punto de encontro na rede que sirva de plataforma formativa ó conxunto de profesionais e/ou persoas/entidades interesadas nos contidos recollidos nela.

Atópase enmarcada dentro do Programa Descubre a Nosa Realidade! , que tivo como obxectivo principal dar a coñecer a realidade das mulleres con discapacidade ós distintos eidos da sociedade (familias, profesionais, movemento asociativo e comunidade).

Este espazo foi financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. A intención e de que sirva como soporte de documentación permanente para o conxunto de profesionais que traballen en discapacidade e violencia contra as mulleres.

A meirande parte da biblioteca atópase en Dropbox, que é un servizo de aloxamento de arquivos na nube. Neste servizo, e para facilitar a procura de documentación, categorizamos os arquivos mediante cartafois.